Mostrando entradas con la etiqueta ciclo futbol. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ciclo futbol. Mostrar todas las entradas

jueves, 14 de abril de 2011

Exames Finais do Ciclo Técnico Deportivo en Futbol, Nivel 1

28-4-2011 BLOQUE ESPECÍFICO

HORA

LUGAR

METODOLOXÍA

17.30

AULA

REGRAS DE XOGO

18

AULA

DIRECCIÓN DE EQUIPOS

18.30

AULA

PREPARACIÓN FÍSICA

19

AULA

TÉCNICA

19.30

AULA

TÁCTICA

20.20

AULA

DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL

21.10 Horas

AULA

SEGURIDADE DEPORTIVA

21.40 Horas

AULA




26-4-2011 BLOQUE COMÚN E COMPLEMENTARIO

HORA

LUGAR

Bases psicopedagóxicas do ensino e do adestramento

17.30

AULA

Adestramento deportivo

18

AULA

Fundamentos sociolóxicos do deporte

18.30

AULA

Organización e lexislación do deporte

19

AULA

Primeiros auxilios e hixiéne do deporte

19.30

AULA

Teoría e socioloxía do deporte

20.20

AULA

Bases anatómicas e fisiolóxicas do deporte

21.10 Horas

AULA

viernes, 11 de marzo de 2011

A visita a ciutat deportiva Joam Gamper en imaxes

UNHA SEMANA COA CANTEIRA DO F.C.BARCELONA


A estadía comezou coñecendo as instalacións da cidade deportiva do Barça, na que nos fixo de anfitrión o director da instalación o Sr Pere Gratacox, a media mañá asistimos ó adestramento do 1º Equipo. Xa pola tarde distribuímonos en grupos para presenciar os adestramentos dos distintos equipos da canteira, algo que repetiríamos ata a fin da viaxe.
O martes pola mañá tivemos libre para facer turismo pola cidade condal, pola tarde voltamos asistir os adestramentos da Base e logo invitáronnos ó partido do Barça B contra o Córdoba no Miniestadi.
O Mércores voltamos facer observación dos Xuvenís, cadetes e infantís.
O xoves asistimos ó adestramento do 1º equipo e pola tarde logo de estar nos adestramentos da canteira presenciamos o partido de Baloncesto que o Barça disputaba na Euroliga.
O venres realizamos pola tarde a última observación de adestramentos e á noite fomos ver o partido de Fútbol sala entre o Barça e o Azcar de Lugo.
Unha vez finalizada a estancia en Barcelona, por parte dos alumn@s do ciclo de técnico deportivo en fútbol e de animación de actividades físico deportivas do Ies Río Cabe de Monforte de Lemos temos que agradecer ás persoas que nos posibilitaron a nosa presenza na ciutat deportiva Joam Gamper, entre os que hai que destacar a Luis Conde, Jose Luis Campos, Sandro Rosell, Silvia Mas de Xaxas , Montserrat Vinardell, Antoni Alonso, Vanessa Pleguezuelos, Julia Forcadell, Guillermo Amor, Albert Puig, Andoni Zubizarreta, Carlos Naval, Pep Guardiola e Pere Gratacox.

MOITAS GRAZAS A TOD@S!

jueves, 24 de febrero de 2011

VISITA A CIDADE DEPORTIVA DO F.C. BARCELONA



Os alumn@s dos ciclos formativos de técnico deportivo en fútbol-do IES Río Cabe de Monforte de Lemos- asistirán, dende o dia 28 de febreiro ata o 4 de marzo, ós adestramentos dos distintos equipos do F.C .Barcelona.

Seguiremos informando.

martes, 13 de abril de 2010

Visita a cidade deportiva do Real Madrid

Os alumnos e profesores do Ciclo de Técnico Deportivo en Fútbol, Nivel 1 e 2, do IES Río Cabe de Monforte de Lemos asistirán o proxímo xoves e venres na cidade deportiva do Real Madrid ós adestramentos que celebrarán os distintos equipos das categorías inferiores.

A viaxe enmárcase dentro das distintas actividades complementarias para a formación do alumnado e realizarase logo de finalizar a primeira parte da formación no centro educativo e antes de escomenzar as prácticas nas distintas entidades deportivas.

Seguiremos informando.

martes, 1 de septiembre de 2009

MATRICULA PARA AS PROBAS DE ACCESO

Atópase aberto o plazo, dende o 1 ó 9 de setembro, para a matrícula para as probas de acceso o ciclo formativo de técnico deportivo en fútbol, nivel 1.

Ditas probas terán lugar en Culleredo o 24 setembro do 2009.

A matrícula realízase na secretaría do I.E.S Río Cabe de Monforte de Lemos en horario de mañá.

Para máis información podes chamar o teléfono: 982400812.

martes, 27 de enero de 2009

Charla de Manuel Pérez

O preparador Físico do C.D. Ourense falou sobre a planificación da presente tempada levada a cabo no seu equipo.

Primeiramente fixo unha introducción teórica sobre as tendencias en canto a planificación no ámbito do fútbol, para posteriormente centrarse no modelo que el seguiu para planificar a presente tempada.

Amosou os distintos periodos polos que foi pasando o seu equipo, para rematar explicando os distintos mesociclos e microciclos que están a traballar.
Para finalizar a charla respondeu as numerosas preguntas que lle foron realizadas polos asistentes.

Dende o Ciclo formativo e o IES Río cabe Agradecémoslle a desinteresada colaboración prestada e a magnífica exposición feita por parte do ponente.

domingo, 25 de enero de 2009

Charla sobre Preparación Física no Fútbol

O preparador Físico do Clube Deportivo Ourense Manuel Pérez dará o luns 26 de xaneiro do 2009 ás 20 horas no Ies Río Cabe de Monforte de Lemos unha charla sobre a Planificación da Preparación Física nun equipo de fútbol ó longo da tempada.


A entrada será libre para todos aqueles que estean interesados!

viernes, 21 de noviembre de 2008

CHARLA DE FRANCIS CAGIGAO NO IES RÍO CABE DE MONFORTE DE LEMOS

“A FILOSOFIA DO ARSENAL RESPECTO A IDENTIFICACIÓN E CAPTACIÓN DOS TALENTOS DEPORTIVOS NO FÚTBOL”


A charla de Francis Cagigao comezou coa presentación do organigrama técnico do Arsenal e especificando cal era a súa función dentro desta organización.

Nun segundo lugar explicou como levan eles o proceso de identificación de talentos en case todo o mundo, grazas a unha extensa rede de “olladores”.

Delimitou claramente cal era o proceso para captar os talentos unha vez que os teñen localizados e a participación do Manager neste proceso.

Na terceira parte da charla falou do proceso de control dos xogadores unha vez que xa pertencen ó seu club, mediante o establecemento de obxectivos individualizados.

Xa nun aparte do contido principal da charla explicou como é unha semana tipo de traballo nas instalacións do Arsenal.

Para rematar o apto abriuse un turno de preguntas por parte dos alumnos do ciclo de técnico deportivo en Fútbol, Nivel I, resultando moi interesantes tanto as preguntas como as respostas por parte do poñente.

Cando se estaban a piques de cumprir as dúas horas de comeza-lo acto houbo que suspendelo, pois xa non había posibilidade material de seguir no instituto.

MOITAS GRAZAS A FRANCIS CAGIGAO POLA SÚA MAGNIFICA INTERVENCIÓN E A TODOS OS ASISTENTES!!!

(Proximamente publicaremos as fotos do acto.)

miércoles, 19 de noviembre de 2008

Charla no IES Río Cabe

“A FILOSOFIA DO ARSENAL RESPECTO A IDENTIFICACIÓN E CAPTACIÓN DOS TALENTOS DEPORTIVOS NO FÚTBOL”


A CARGO DE:

FRANCIS CAGIAO (MEMBRO DA SECRETARIA TÉCNICA DO ARSENAL)


DATA:

20-11-08

HORA:

20.30Horas

LUGAR:

IES RÍO CABE DE MONFORTE DE LEMOS


INSCRIPCIÓN:

GRATUITA E ABERTA A TODO O PÚBLICO


ORGANIZA:


-IES RÍO CABE

-CICLO FORMATIVO DE TECNICO DEPORTIVO EN FÚTBOL