Mostrando entradas con la etiqueta Convención. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Convención. Mostrar todas las entradas

domingo, 27 de abril de 2008

Convención alumn@s

O pasado 11 de abril do 2008 celebrouse no IES Río Cabe de Monforte de Lemos a IIª Convención do alumnado pertencente ó Ciclo Formativo Superior de Animación de Actividades Físico-Deportivas, o acto estivo presidido polo inspector de Educación e máis a Directora e o Xefe de Estudios de diurno do Instituto. A xornada serviu para analizar tanto a situación dos ex-alumn@s que se atopan inmersos na realización de estudios superiores coma os que teñen creada a súa propia empresa e na mesa redonda abordouse a situación dos que se atopan contratados para unha empresa de servicios amén de tocar tódalas problemáticas relacionadas co sector.

sábado, 19 de abril de 2008

Xornadas do Ciclo Formativo

II XORNADAS SOBRE INTEGRACIÓN LABORAL E ACADÉMICA D@S ALUMN@S DO CICLO FORMATIVO SUPERIOR DE ANIMACIÓN DE ACTIVIDADES FÍSICO-DEPORTIVAS



DATA: 11 de abril do 2008

LUGAR: I.E.S. Río Cabe de Monforte de Lemos

HORARIO: de 10 a 14 horas, ó finalizar o acto haberá un xantar de confraternización


POÑENTES:


-A EMPRESA COMO SAÍDA LABORAL. A cargo de Rubén Rivas Calaza.


-A SAÍDA LABORAL COMO EMPREGADO DUNHA EMPRESA DEPORTIVA. Mesa redonda entre tódolos participantes.

-A SAÍDA ACADÉMICO-UNIVERSITARIA COMO COMPLEMENTO DA FORMACIÓN EDUCATIVA E PROFESIONAL. A cargo de:
Patricia Prieto Díaz (Estudiante de Fisioterapia)
Fernando Rodríguez Pardo (Lic. en C. Actividade Física)



ORGANIZA: CICLO SUPERIOR DE ANIMACIÓN DE ACTIVIDADES FÍSICO-DEPORTIVAS DO I.E.S RÍO CABE DE MONFORTE DE LEMOS.