jueves, 24 de febrero de 2011

VISITA A CIDADE DEPORTIVA DO F.C. BARCELONA



Os alumn@s dos ciclos formativos de técnico deportivo en fútbol-do IES Río Cabe de Monforte de Lemos- asistirán, dende o dia 28 de febreiro ata o 4 de marzo, ós adestramentos dos distintos equipos do F.C .Barcelona.

Seguiremos informando.

martes, 22 de febrero de 2011

SESIÓN DE GOALBALL

O martes de 12.35 horas a 14.15 os alumn@s de 1º ESO e do Ciclo formativo Superior de Animación de Actividades Físico-Deportivas do Ies Río Cabe practicaron unha sesión de Goalball, na que salvo os medos iniciais ó descoñecido, todos acabaron coas gañas de practicar máis.

GRAZAS A TOD@S @S QUE FIXESTES POSIBLE REALIZAR ESTA EXPERIENCIA E AGARDAMOS REPETILA O VINDEIRO ANO!!!

Aqui quedan algunhas fotos do inicio da xornada.

lunes, 21 de febrero de 2011

Sesión de Goalball





O martes 22 de Febreiro do 2011 de 12.35 á 14.15horas os alumn@s de 1º ESO e do Ciclo Superior de Animación de Actividades Físico-Deportivas do Ies Río Cabe de Monforte de Lemos asistirán a unha sesión de Goalball que será impartida pola delegación territorial Galega da ONCE e promovida polo departamento de Educación Física.