martes, 20 de abril de 2010

Visita a Cidade Deportiva do Real Madrid

Os pasados 15 e 16 de abril do 2010 alumnos e profesores do ciclo de técnico deportivo en fútbol, nivel 1 e 2, desplazáronse a cidade deportiva do Real Madrid en Valdevebas invitados por dito clube.

O xoves pola mañá coñeceron as magníficas instalacións con todo luxo de detalles e a última hora da mañá asistiron a sesión de adestramento do Real Madrid C que milita na terceira división madrileña, xa pola tarde observaron na quenda de 17h a 18.45 o Xuvenil A e Xuvenil B e na quenda de 19h ata 20h os cadetes A e B e máis os alevíns A e B.

Asemade antes de xantar reuníronse co readaptador físico do Real Madrid, o galego, Carlos Lalín.

O venres pola mañá asistiron o adestramento do 1º equipo do Real Madrid e xa pola tarde fixeron observación dos adestramentos do xuvenil A e B e da sesión de porteiros das categorías inferiores.

Quixeramos agradecer a todos aqueles (Cabanelas, Miguel Angel, Amoriñigo, _Giraldez,...) que fixeron posible esta visita didáctica como complemento da formación dos futuros adestradores que se forman no IES Río Cabe de Monforte de Lemos, dun xeito moi especial os adestradores das categorías inferiores do Real Madrid dirixidos polo doutor Giráldez.

Aquí queda un recordo en fotos da nosa estadía na cidade deportiva do Real Madrid.



martes, 13 de abril de 2010

Visita a cidade deportiva do Real Madrid

Os alumnos e profesores do Ciclo de Técnico Deportivo en Fútbol, Nivel 1 e 2, do IES Río Cabe de Monforte de Lemos asistirán o proxímo xoves e venres na cidade deportiva do Real Madrid ós adestramentos que celebrarán os distintos equipos das categorías inferiores.

A viaxe enmárcase dentro das distintas actividades complementarias para a formación do alumnado e realizarase logo de finalizar a primeira parte da formación no centro educativo e antes de escomenzar as prácticas nas distintas entidades deportivas.

Seguiremos informando.