viernes, 13 de febrero de 2009

Crónica da semana branca feita polos alumn@s


VIAXE A ANDORRA- 2009

O pasado 17 de xaneiro a iso das 11 e media da noite puxemos rumbo cara a nosa aventura. A viaxe foi un pouco loga (unhas 12 horas), pero o noso profesor Carlos non dubidou en amenizala cunha selección de cancións que aínda que ó principio non causaron sensación, todos rematamos cantando.
Chegamos ó hotel despois do mediodía, fixemos o reparto de habitacións e saímos rapidamente para alugar o material de esquí.
Despois dunha boa ducha saímos a dar unha volta pola cidade, onde por certo facía bastante sol, e a visitar as tendas de Andorra.
Pola noite coñecemos ao noso simpático cociñeiro, que nos mantivo ben alimentados toda a semana.
Á mañá seguinte levantámonos todos dispostos a divertirnos e a non romper nada no transcurso do día. Ao chegar ás pistas dividímonos en dous grupos e coñecemos aos monitores. Nin que dicir ten que a maioría pasamos máis tempo tirados no chan que de pé. As risas non faltaron, nin tampouco as caídas estrepitosas.
Ó cabo de dous días non podíamos nin movernos das maniotas que tiñamos, pero acabamos acostumándonos. A evolución foi notable, cada día avanzábamos un pouco e íamos baixando pistas diferentes. Polas tardes saíamos de compras e xogábamos ó futbolín, e a verdade é que o grupo estaba moi unido e todos nos levabamos moi ben. Mención especial ao pequeño accidente que sufriron María e Sonia ao descolgarse o ascensor, as dúas pasaron o resto da semana subindo e baixando polas escaleiras.
O mércores pola tarde fomos patinar sobre xeo, e foi bastante divertido, aínda que as caídas eran moito máis dolorosas que na neve. E senón que llo pregunten a Carlos e so seu dedo roto.
E o xoves houbo excursión a Caldea (Balneario), que segundo din os que foron foi bastante relaxante, pero outros preferiron quedarse no hotel repoñendo forzas para a noite.
O plan nocturno oficial era ir a unha discoteca, pero a marcha andorrana non ten nada que ver coa monfortina, e como nos botaron da discoteca, fomos a un bar a xogar ó futbolín e ó billar, e pasámolo moi ben.
O último día de esquí, todos aproveitamos ao máximo o pouco que nos quedaba, disfrutamos moitísimo e botamos unhas risas. Os monitores entregáronnos uns diplomas e despedímonos bastante tristes.
Por último gustaríanos agradecerlle aos profesores, Eva e Carlos, que nos levaron, que nos aturaron toda a semana e que se portaron tan ben con nós.
¡A ver se o ano que vén organizamos outra igual, porque nos apuntamos todos outra vez!

María Díaz López (1ºB)
Rocío Casar Cermeño (1ºB)

martes, 3 de febrero de 2009

Semana Branca 2009

Como adianto da semana branca 2009 tedes o enlace coa páxina do instituto río cabe, na que aparecen algunhas das fotos feitas durante a semana.

Proximamente máis...