viernes, 11 de marzo de 2011

A visita a ciutat deportiva Joam Gamper en imaxes

video

UNHA SEMANA COA CANTEIRA DO F.C.BARCELONA


A estadía comezou coñecendo as instalacións da cidade deportiva do Barça, na que nos fixo de anfitrión o director da instalación o Sr Pere Gratacox, a media mañá asistimos ó adestramento do 1º Equipo. Xa pola tarde distribuímonos en grupos para presenciar os adestramentos dos distintos equipos da canteira, algo que repetiríamos ata a fin da viaxe.
O martes pola mañá tivemos libre para facer turismo pola cidade condal, pola tarde voltamos asistir os adestramentos da Base e logo invitáronnos ó partido do Barça B contra o Córdoba no Miniestadi.
O Mércores voltamos facer observación dos Xuvenís, cadetes e infantís.
O xoves asistimos ó adestramento do 1º equipo e pola tarde logo de estar nos adestramentos da canteira presenciamos o partido de Baloncesto que o Barça disputaba na Euroliga.
O venres realizamos pola tarde a última observación de adestramentos e á noite fomos ver o partido de Fútbol sala entre o Barça e o Azcar de Lugo.
Unha vez finalizada a estancia en Barcelona, por parte dos alumn@s do ciclo de técnico deportivo en fútbol e de animación de actividades físico deportivas do Ies Río Cabe de Monforte de Lemos temos que agradecer ás persoas que nos posibilitaron a nosa presenza na ciutat deportiva Joam Gamper, entre os que hai que destacar a Luis Conde, Jose Luis Campos, Sandro Rosell, Silvia Mas de Xaxas , Montserrat Vinardell, Antoni Alonso, Vanessa Pleguezuelos, Julia Forcadell, Guillermo Amor, Albert Puig, Andoni Zubizarreta, Carlos Naval, Pep Guardiola e Pere Gratacox.

MOITAS GRAZAS A TOD@S!