sábado, 26 de diciembre de 2009

Charla victor Basadre

O luns dia 21-12-2009 o adestrador lucense de fútbol Victor Basadre impartiu unha charla no IES Río Cabe de Monforte de Lemos sobre a planificación nun equipo de Fútbol.

Primeiramente diferenciou sobre o que entendía el por planificación, programación e a elaboración de proxectos, logo desta conceptualización teórica puxo un exemplo concreto sobre o proxecto de fútbol base que el desenvolveu durante duas tempadas no Lorca.

Con Posterioridade falou do traballo que está a desenvolver na actual tempada no cadro técnico do Valencia C.F.

Para rematar a charla de máis de duas horas de duración abriuse un turno de preguntas o cal resultou moi animado e interesante.

O remate da xornada tivo lugar no Parador de Monforte de Lemos nunha animada cea.

Agradecer a Victor Basadre a súa presencia neste acto e a colaboración no mesmo dun xeito completamente desinteresado.


martes, 15 de diciembre de 2009

CHARLA DE VICTOR BASADRE

O vindeiro 21.12.2009 (luns) a partir das 20h o Adestrador Nacional e axudante técnico do Valencia C.F., Victor Basadre, disertará na Biblioteca do IES Río Cabe de Monforte de Lemos (Lugo) sobre a "Planificación dun equipo de Fútbol: da teoría á práctica"

A entrada será libre para todos os que estean interesados.

domingo, 13 de diciembre de 2009

jueves, 10 de diciembre de 2009

miércoles, 11 de noviembre de 2009

sendeirismo santo estevo


O pasado mes de xuño adentrámonos sixilosamente nos arredores do mosteiro de San Estevo, cruzando previamente o Río Cabe e o Río Miño...para que sirva de lembranza aquí tedes un adianto dunha vista do parador de San Estevo e proximamente unha escolma de fotos da ruta completa!!!

martes, 1 de septiembre de 2009

MATRICULA PARA AS PROBAS DE ACCESO

Atópase aberto o plazo, dende o 1 ó 9 de setembro, para a matrícula para as probas de acceso o ciclo formativo de técnico deportivo en fútbol, nivel 1.

Ditas probas terán lugar en Culleredo o 24 setembro do 2009.

A matrícula realízase na secretaría do I.E.S Río Cabe de Monforte de Lemos en horario de mañá.

Para máis información podes chamar o teléfono: 982400812.

domingo, 31 de mayo de 2009

MARATÓN ESTUDIANTE 2009

O venres 29 de Maio do 2009 celebrouse unha nova edición do Maratón do Estudiante, o IES Río Cabe un ano máis, participou dun xeito masivo na proba.

A carreira discurríu sen alteracións suliñables e baixo un sol de xusticia.


Dende aquí felicitar a tódolos/as que decidiron participar nesta festa de confraternización entre tódolos centros educativos de Monforte de Lemos empregando como medio a carreira pedestre.

Como colofón disfrutade desta selección de fotos dos distintos momentos da carreira.


lunes, 25 de mayo de 2009

Albergue Vega del Carro

Para que vos vaiades facendo unha idea de como era o albergue ahí vai unha pequena mostra.



Seguiremos publicando nos próximos dias...

domingo, 10 de mayo de 2009

Fin de semana por Asturias

O próximo venres iniciaremos unha fin de semana por terras Asturianas e do norte de Lugo.

Pernoctaremos no albergue vega del carro de Santa Eulalia de Oscos e a ruta do sábado farémola en taramundi, a do domingo pola mañá probablemente sexa por terras de Ribadeo.

Seguiremos informando.

viernes, 13 de febrero de 2009

Crónica da semana branca feita polos alumn@s


VIAXE A ANDORRA- 2009

O pasado 17 de xaneiro a iso das 11 e media da noite puxemos rumbo cara a nosa aventura. A viaxe foi un pouco loga (unhas 12 horas), pero o noso profesor Carlos non dubidou en amenizala cunha selección de cancións que aínda que ó principio non causaron sensación, todos rematamos cantando.
Chegamos ó hotel despois do mediodía, fixemos o reparto de habitacións e saímos rapidamente para alugar o material de esquí.
Despois dunha boa ducha saímos a dar unha volta pola cidade, onde por certo facía bastante sol, e a visitar as tendas de Andorra.
Pola noite coñecemos ao noso simpático cociñeiro, que nos mantivo ben alimentados toda a semana.
Á mañá seguinte levantámonos todos dispostos a divertirnos e a non romper nada no transcurso do día. Ao chegar ás pistas dividímonos en dous grupos e coñecemos aos monitores. Nin que dicir ten que a maioría pasamos máis tempo tirados no chan que de pé. As risas non faltaron, nin tampouco as caídas estrepitosas.
Ó cabo de dous días non podíamos nin movernos das maniotas que tiñamos, pero acabamos acostumándonos. A evolución foi notable, cada día avanzábamos un pouco e íamos baixando pistas diferentes. Polas tardes saíamos de compras e xogábamos ó futbolín, e a verdade é que o grupo estaba moi unido e todos nos levabamos moi ben. Mención especial ao pequeño accidente que sufriron María e Sonia ao descolgarse o ascensor, as dúas pasaron o resto da semana subindo e baixando polas escaleiras.
O mércores pola tarde fomos patinar sobre xeo, e foi bastante divertido, aínda que as caídas eran moito máis dolorosas que na neve. E senón que llo pregunten a Carlos e so seu dedo roto.
E o xoves houbo excursión a Caldea (Balneario), que segundo din os que foron foi bastante relaxante, pero outros preferiron quedarse no hotel repoñendo forzas para a noite.
O plan nocturno oficial era ir a unha discoteca, pero a marcha andorrana non ten nada que ver coa monfortina, e como nos botaron da discoteca, fomos a un bar a xogar ó futbolín e ó billar, e pasámolo moi ben.
O último día de esquí, todos aproveitamos ao máximo o pouco que nos quedaba, disfrutamos moitísimo e botamos unhas risas. Os monitores entregáronnos uns diplomas e despedímonos bastante tristes.
Por último gustaríanos agradecerlle aos profesores, Eva e Carlos, que nos levaron, que nos aturaron toda a semana e que se portaron tan ben con nós.
¡A ver se o ano que vén organizamos outra igual, porque nos apuntamos todos outra vez!

María Díaz López (1ºB)
Rocío Casar Cermeño (1ºB)

martes, 3 de febrero de 2009

Semana Branca 2009

Como adianto da semana branca 2009 tedes o enlace coa páxina do instituto río cabe, na que aparecen algunhas das fotos feitas durante a semana.

Proximamente máis...

martes, 27 de enero de 2009

Charla de Manuel Pérez

O preparador Físico do C.D. Ourense falou sobre a planificación da presente tempada levada a cabo no seu equipo.

Primeiramente fixo unha introducción teórica sobre as tendencias en canto a planificación no ámbito do fútbol, para posteriormente centrarse no modelo que el seguiu para planificar a presente tempada.

Amosou os distintos periodos polos que foi pasando o seu equipo, para rematar explicando os distintos mesociclos e microciclos que están a traballar.
Para finalizar a charla respondeu as numerosas preguntas que lle foron realizadas polos asistentes.

Dende o Ciclo formativo e o IES Río cabe Agradecémoslle a desinteresada colaboración prestada e a magnífica exposición feita por parte do ponente.

domingo, 25 de enero de 2009

Charla sobre Preparación Física no Fútbol

O preparador Físico do Clube Deportivo Ourense Manuel Pérez dará o luns 26 de xaneiro do 2009 ás 20 horas no Ies Río Cabe de Monforte de Lemos unha charla sobre a Planificación da Preparación Física nun equipo de fútbol ó longo da tempada.


A entrada será libre para todos aqueles que estean interesados!

viernes, 16 de enero de 2009

SEMANA BRANCA 2009




















DENDE O SÁBADO 17 DE XANEIRO ATA O SÁBADO 24 ALGÚNS DOS ALUMN@S DE 1º DE BAC E DO CICLO FORMATIVO DE ANIMACIÓN DE ACTIVIDADES FÍSICAS E DEPORTIVAS DO IES RIO CABE DISFRUTARÁN DUNHA SEMANA DE ESQUI, ENTRE OUTRAS ACTIVIDADES, EN ANDORRA ACOMPAÑADOS POR DOUS PROFESORES DE DEVANDITO CENTRO.

A ESTACIÓN NA QUE SE PRACTICARÁ O ESQUI SERÁ NA DE PAL (VALLNORD).

O HOTEL NO QUE NOS ALONXAREMOS SERÁ NO FONT DEL MARGE.

A SAÍDA SERÁ O SÁBADO 17-1-09 AS 23.30H DIANTE DO INSTITUTO.

SEGUIREMOS INFORMANDO!!!!

UN PASEO PARA ESPERTAR

Crónica de Redes:

O pasado día 8 de xaneiro, tras un curto Nadal, o instituto volveu e con el, os seus alumnos.
Foron unhas breves vacacións, pero moi boas (será certo iso de que o bo breve é dúas veces bo). A verdade é que foron estupendas e inesquecibles. Comezaran o venres 19 de decembro, xusto o día no que marchei cos meus compañeiros de bacharelato á Oviedo de excursión durante unha fin de semana. Acompañáronnos tres profesores: Paloma e Eva, de música, e Carlos, de Educación Física. Aínda que só tivemos tres días escasos, os soubemos aproveitar extraordinariamente grazas ós titores.
Entre as actividades que realizamos, unha das que máis me gustou foi o senderismo. Nunca na vida practicara dito deporte e alégrome de saber agora o que se sente ó facelo, pois gustoume moito. Os profesores escolleron o Parque Natural de Redes e en concreto a Ruta da Alba para levar a cabo a andaina.
Erguémonos cedo pola mañá. Non facía moito frío, mais todos sabiamos como tiñamos que vestirnos para ir á neve. Días antes da saída, os profesores aconsellárannos seguir a ‘‘Teoría das capas de cebola’’, é dicir, poñerse capas e capas de roupa para non xearse. Para almorzar, fomos a unha cafetería preto do hotel (había que encher o depósito antes de facer o esforzo). Inmediatamente, collemos o autobús e sobre as 12:30 xa estabamos en Redes.
É un lugar fermosísimo. Trátase dun Parque Natural que comprende os concellos de Caso e Sobrescobio. Sitúase no sector centro-oriental da Cordilleira Cantábrica, ó sur de Asturias. Foi declarado como tal en 1996 coa finalidade de protexer os seus valores naturais e paisaxísticos, así como ó obxecto de mellorar a calidade de vida da súa poboación, dirixidas especialmente ó mantemento das formas de vida tradicionais. A verdade é que non é para menos. A beleza chea de vida todo o lugar.
Nós fixemos a Ruta da Alba. Parece ser que, pola súa fermosura e fácil percorrido (tan só 14 km ida e volta), converteuse nun dos elementos máis importantes do Parque. A ruta empeza no pobo de Sotu de Agues.
En fila india comezamos o noso paseo. A medida que avanzabamos, parecíame un lugar moi tranquilo e pacífico. Un lugar para descansar e disfrutar, para apartarse do mundanal ruído. Todo era silencio agás o son do río, dos paxaros e das follas das árbores que movía o vento. Tras andar un pouco, deixamos atrás as casas de pedra e madeira e entramos no camiño. Ó principio, durante un bo tramo, o chan era uniforme e regular, pero canto máis avanzabamos más irregular se facía. Comezamos entón a pisar neve e xeo, o cal ía aumentando coa altura. Foi entón cando Carlos nos deu consellos sobre como debiamos andar. Creo que se non chega a ser por el eu máis dunha vez non só esvarara.
Polo camiño, ademais, puidemos contemplar verdadeiras belezas da natureza: o río e as súas cascadas, covas nas montañas, e diversos animais, coma cabras.
Despois dun par de horas chegamos por fin á nosa meta. Nós estabamos xa moi cansos, pero Carlos insistira en ensinarnos unha derradeira marabilla. Entón foi cando vimos a beleza da grande altura da montaña. Semellaba un acantilado.
Por fin demos a volta. Agora tiñamos que esquivar a neve e o xeo de novo, e eu case volvo caer. Todo era neve. Os prados estaban cubertos dunha preciosa e branca neve, que brillaba coa luz do sol matinal. A metade do traxecto de regreso paramos a comer un pouco (estabamos famentos de todo). Continuariamos o resto abaixo, nun lugar onde sentar e descansar as doídas pernas.
A verdade e que, en xeral, se nos fixo moito máis curto a baixada que a subida e iso que iamos que non podiamos máis nada. Por fin, chegamos ó pobo. Mentres uns comían dentro dun restaurante, outros o facían fóra, o importante era comer e repoñer as forzas. Nunca me soubo tan ben un bocadillo de lomo e queixo.
Xa eran as 16:30 e tiñamos que retornar ó autobús. Se nun principio xa tiña ganas de marchar do cansa que me atopaba, de verdade que logo, cando montei no autobús e vía como nos afastabamos do lugar, o que quería era quedar. O pasara moi ben.
Teño moitas ganas de volver. Foi unha experiencia incrible e interesante, todo grazas ós profesores. Espero facer pronto de novo senderismo.





MARÍA RODRÍGUEZ CARBALLO 2º A B.A.C.