miércoles, 12 de noviembre de 2014

Páxinas con calculadoras de calorías



Deixo uns enlaces da páxina da fundación do corazón que podedes empregar para o traballo de 1º de BAC.


Calculadora de calorías consumidas no exercicio…da Fundación do Corazón.
http://www.fundaciondelcorazon.com/ejercicio/calculadoras.html

http://es.calcuworld.com/deporte-y-ejercicio/calculadora-de-calorias-quemadas/

http://www.sportfactor.es/blog/2012/05/cuantas-calorias-consumimos-haciendo-deporte/




Calculadora de calorías dos alimentos…Fundación do Corazón.




viernes, 9 de marzo de 2012

Crónica viaxe a neve 2012

O día 20 de Xaneiro ás 12 da noite os alumnos e alumnas dos centros de ensino monfortinos IES Río Cabe e IES Daviña Rei emprendemos o que sería unha das máis memorables semanas do curso. Comezaba a viaxe á neve: todo eran risas, emocións, e, ao cabo dun pouco, sono. Íamos acompañados por dous profesores de cada instituto; os nosos, Carlos Parada e Manuel Sánchez. Chegamos a Andorra tras aproximadamente 12 horas de traxecto, durante as cales fixemos algunhas paradas para descansar e comer algo. Cando puxemos pe en terras andorranas xa eran as 12:30 do Domingo 22. Nada máis chegar fomos comer, e logo a desfacer a nosa equipaxe para pasarnos pola estación de esquí de Pal-Arinsal a recoller o noso equipamento para a próxima semana. Ao voltar a Andorra ceamos e marchamos durmir, ansiando que chegase o día seguinte para poder, por fin, esquiar.


O luns erguémonos cedo, coma faríamos todos os días a partir de entón. Tras un xeneroso almorzo no Hotel Cosmos, marchabamos á estación do teleférico para chegar ás pistas de esquí de Valnord. Recibíamos leccións segundo o noso nivel dende as 10 ata as 12. Despois tiñamos un tempo para esquiar pola nosa conta ata a unha e vinte, que era cando iamos xantar. Logo de xantar esquiabamos por libre de novo ata as cinco e media. Tras gardar o equipamento facendo unha cadea humana moi ben organizada, voltabamos ó hotel (escoitando cancións tales como Criptozooloxía aplicada, de Ataque Escmpe) para ducharnos e dar unha volta pola cidade ata as oito, que era a hora de cear. Despois diso, saiamos outra vez, ou ben quedabamos no hotel ata a hora de durmir, xeralmente as 12 da noite.


Esta era a nosa rutina diaria, aínda que algúns días víase alterada debido a excursións: o mércores día 25, despois de esquiar, fomos ata Canillo a patinar sobre xeo, no Palau de Gel. Pasámolo moi ben e non houbo ningún accidente. Por outra banda, o xoves 26 fomos case todos os alumnos do Río Cabe despois de cear a pasar unha noite relaxante no balneario de Caldea. Foi unha experiencia inesquecible!


O último día, logo de rematar a última xornada de esquí e recibir os nosos diplomas, devolvemos o equipamento e fomos ó hotel para ducharnos e recoller a nosa equipaxe. Ceamos nalgún dos moitos restaurantes de Andorra e logo nos reunimos ás nove da noite para montar no autobús e regresar a casa. Chegamos a Monforte o Sábado día 28 de xaneiro á mañá cun sorriso nos beizos e cara de sono.



PAZ LÓPEZ-VIZCAINO

MARÍA TÁBOAS

lunes, 30 de enero de 2012

viernes, 29 de abril de 2011

XIX edición do Maratón do Estudiante

O 13 de Maio do 2011 celebrarase a XIX edición do Maratón do Estudiante Concello de Monforte 2011.

O horario das carreiras e as categorías que afectan ó noso centro son as seguintes:

Maratón: 12h.

As categorías son:

-Infantil
-Cadete
-Xuvenil
-Profesores
-Persoal non docente

O prazo para inscribirse remata o dia 6 de maio.

ANÍMATE!!!